miércoles, 25 de abril de 2012

Saída de Campo

Onte, 24 de abril de 2012, realizamos unha saída de campo como ferramenta didáctica para a Aprendizaxe das Ciencias Sociais. Como falamos onte, as ciencias sociais pódense ensinar e aprender co manexo de fontes documentais e bibliográficas, a través do emprego de novas tecnoloxías, grazas ao intercambios de opinións en debates e tamén poñendo os pés no territorio adquirindo de primeira man datos, sensacións, observacións e experimentacións.


As ciencias sociais son un corpo vivo e, como tal, para estudalo e comprendelo cómpre lanzarse (de cando en cando) a descubrilo en primeira persoa. Nesta ocasión, o noso laboratorio foi a cidade na que estudamos: Pontevedra. Realizamos unha saída de campo titulada: "A realidade social de Pontevedra como construcción histórica e xeográfica".


Ademais, con estas experiencias podemos contar co privilexio de explicación doutras persoas que coñecen a fondo a materia. No noso caso, o arqueólogo Xurxo Constela fíxonos unha atractiva e interesante saída de campo a través de todos os vestixios históricos da cidade.

Alén dos contidos, que foron ben interesantes e que nos serviron para comprender as transformación temporais e espaciais de Pontevedra e como foron cambiando os costumes e os usos das prazas e das rúas, nas vosas entradas quero fagades unha reflexión en grupo sobre a saía de campo como ferramenta didáctica:

Como se planifica unha saída de campo?
Que cuestións debemos ter en conta?
Cales deben ser as súas características?
Que cousas se aprenden que non se aprenden na aula?
Cales son os beneficios de realizar este tipo de actividades?
Como se presenta un itinerario?
Que material se emprega antes da saída, durante e despois?

Para contestar a todas estas cuestións podedes rememorar a saída de onte; tendo en conta o itinerario, as paradas, o material, os contidos, os tempos, os descansos, etc.

Como resultado teredes as cuestións clave para que vós podades organizar no futuro unha saída de campo para aplicar no "laboratorio" das ciencias sociais (o territorio) os coñecemento e conceptos que manexades a nivel teórico na aula.

Moitos ánimos

martes, 20 de marzo de 2012

Entradas cruzadas

Ola!!!

Esta semana os grupos teñen que facer "entradas cruzadas"...isto quere dicir, que a cada blog tocoulle a temática doutro para que fagan unha entrada que sobre o base do seu teña que ver co outro...



XA SEI QUE SEMELLA LIOSO...porei un exemplo:

Ao blog "Pensando en verde", toculle realizar unha entrada relacionada co blog "La economía española en la actualidad"...o resultado debe combinar ambas temáticas; por exemplo, reciclaxe e economía ou ¿ten a economía criterios ecolóxicos?

Coido que así entendeuse. Os cruces son:

"Pensando en verde" entrada relacionada con "La economía española en la actualidad"
"La economía española en la actualidad" entrada relacionada con "O teu paraíso, o meu fogar"
"O teu paraíso, o meu fogar" entrada relacionada con "Pasiño a pasiño"
"Pasiño a pasiño" entrada relacionada con "Cuantas cosas nos dirían"
"Cuantas cosas nos dirían" entrada relacionada con "Pensando en verde"

Esmerádevos e facede unha entrada orixinal porque, despois o blog "cruzado" deberá facer un comentario avalindo os contidos!!!!

Moitos ánimos.

lunes, 12 de marzo de 2012

AVISO

Ola,

Como xa vos comentei, mañá martes 13 de marzo non teremos clase de prácticas presencial....iso si, agardo as novas entradas de todos os grupos.

Ánimos!!!

martes, 28 de febrero de 2012

B3...próximas entradas!

Ola blogueir@s!



Despois dunha semana "intensísima" de festexos na que a facultade semellaba un pobo deserto do Far West e tras a posterior recuperación necesaria, vanse vendo avances nos contidos dos vosos blogs.

A cousa vaise animando (e agardo que máis cos novos comentarios) entre ollos ben abertos que observan cómo aínda fican fogares que son paraísos desertos alén de mares coñecidos e próximos onde tan se come.

É por iso, que para esta semana propóñovos que as vosas entradas respondan aos seguintes títulos...ánimos, buxo e imaxinación!!!

ABRE OS OLLOS
o máis terrible apréndese enseguida; o fermoso, cústanos a vida!


O TEU PARAÍSO, O MEU FOGAR
Que levarías ti...

arRIAndo
Estreitos, camoucos e outros naufrauxios

As entradas que veñen no grupo B2


Ola!

Todos os blogs do proxecto xa iniaron o camiño con contidos moit interesantes dende o punto de vista da aprendizaxe das ciencias sociais. A algúns estalle a custar algo máis arranca pero como din, van "pasiño a pasiño"...o importante é chegar, lento pero seguro!!!

Así e todo, entráronme algunhas dúbidas e suxerencias sobre todas as vosas entradas. Por iso, para a semana que ven, propóñovos uns títulos para as vosas entradas...algúns significados están máis agochados, pero coido que ben poderedes con eles...Moitos ánimos!!!

Velaquí están:
 
CUANTAS COSAS NOS DIRÍAN
La memoria de los peces

PENSANDO EN VERDE
Reciclaje de colores

LA ECONOMÍA ESPAÑOLA EN LA ACTUALIDAD
SMI y el precio de las cosas

GALICIA: EL PARAÍSO A TU ALCANCE
De capital de provincia a cidade fronteiriza

PASIÑO A PASIÑO
Ir da casa a facultade...en transporte público!!!

GALICIA, POBOS CON ENCANTO
Vai de morto quen non foi de vivo


martes, 14 de febrero de 2012

Onde traballamos?



Ver Sin título en un mapa más grande

Apertura do proxecto

Hola a todas e todos,

A través deste blog imos desenvolver un tutorial para que as alumnas e alumnos de 3º curso de Educación Infantil da Universidade de Vigo, podan levar a cabo as prácticas da asignatura.

Elas e eles escolleron un tema relacionado coa Aprendizaxe das Ciencias Sociais e co manexo das novas tecnoloxías van ir elaborando entradas que nos achegarán a contidos e recursos didácticos sobre a temática escollida.

O traballo vanno desenvolver en grupos de 3 persoas. Semanalmente irán colgando as entradas cos recursos que estimen oportunos. Ademais, deberán comentar os blogs dos seus compañeiros para que o proceso sexa máis activo, dinámico e participativo.

Ánimos!!!!